Saturday 04 de May de 2024

As unidades móbiles da ITV de vehículos agrícolas e ciclomotores visitarán A Laracha en outubro


Pódense consultar horarios e reservar cita por teléfono ou en liña.

As unidades móbiles para realizar inspeccións técnicas de vehículos agrícolas e de ciclomotores visitarán A Laracha durante o mes de outubro para ofrecer o seu servizo aos veciños do Concello.

A de vehículos agrícolas estará os días 5, 11 e 16, mentres que a de ciclomotores soamente estará o día 16.
En todos os casos instalarase no aparcamento norte do parque empresarial da Laracha xunto á nave municipal (rúa D2). Esta nova ubicacións para as ITV ten unha dobre motivación, que é facilitar o acceso evitando a entrada ao núcleo urbano da Laracha e, tamén, as molestias que a súa presenza puidese causar na zona residencial do anterior emprazamento.

As persoas interesadas poden consultar os horarios dispoñibles e reservar cita previa, que se abre 30 días antes da chegada da estación móbil. Hai dúas vías: en liña na web www.sycitv.com ou telefónica chamando ao 902 309 000.